A edil socialista convidou “ao presidente de Cabo Verde a visitar Burela e a toda a poboación caboverdiana que reside na nosa vila. Foi toda unha honra poder falar con el e poder convidalo persoalmente para que veña á nosa vila”.
Angélica Gómez agradeceu “a invitación que nos fixeron desde Bembibre para asistir a este acto e a amabilidade coa que trataron a todos os convidados”. A concelleira de Inmigración e Cooperación tivo palabras de gratitude para o presidente da asociación Amilcar Cabral, Elisio Honorato Pinto.