Site icon Crónica3.com A Mariña

Apretada clasificación na Liga Sénior da XXVII Tirada de Bolos de Xove

Aprétase a clasificación na cabeza da Liga Sénior Masculina da XXVII TIRADA DE BOLOS de Xove. A vitoria de Sócrates Campo acorta a distancia a só 2 puntos do líder, que nesta ocasión non puido pasar do sétimo posto, rompendo dalgunha maneira a regularidade que viña mantendo. Por detrás, Francisco Pérez (31 puntos) e Moisés Rodríguez (30 pts) mantéñense á expectativa, xunto cun numeroso grupo de perseguidores con máis de 20 puntos. Polo tanto, pasado un terzo da competición, destaca a igualdade na clasificación que axuda a manter un alto nivel competitivo no mesmo.

Liga Sénior Feminina
Belén Meitín conseguiu superar á líder Salomé Cardoso nesta tirada, restándolle un punto na clasificación, co que aínda mantén a primemira posición cunha cómoda vantaxe de 9 puntos (33 por 24).

Na terceira posición atópase a veterana Salomé Bermúdez, que con 15 puntos estase a destacar por enriba de Carmen Roca, unha das grandes favoritas que, nestes intres, está arrostrando problemas físicos que lle impiden competir a un nivel normal.

Liga Sub 16
Poucas novidades na categoría Sub 16. Cunha vitoria máis, pleno polo momento, de Daniel Alonso. Miguel López sigue instalado cómodo na segunda posición, sen ninguén que o inquiete; pero sen inquietar tampouco el mesmo ó líder. Onde se presume unha loita nesta categoría é polo terceiro posto para o que Javier Alonso parte con vantaxe, seguido de Julia López e Hugo Péres.

A vindeira tirada terá lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, o vindeiro SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO DE 2015.

 

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA     (7 NOVEMBRO   2015)

 35    INSCRITOS:  18 NA LIGA SENIOR,    7  NA LIGA SUB 16   E    10   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIÓN                                  NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

262

12

SEGUNDO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

260

10

TERCEIRO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

248

8

CUARTO ARTURO VIGO CASABELLA

238

7

QUINTO JOSE VIGO LAGE

219

6

SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

217

5

SÉTIMO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

208

4

OITAVO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

174

3

NOVENO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

153

2

DÉCIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

152

1

MELLOR BOLADA C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

85

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

147

6

SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ BERMÚDEZ

120

4

TERCEIRO HUGO PEREZ MEITÍN

89

3

CUARTO JULIA LÓPEZ FORMOSO

84

2

QUINTO JAVIER ALONSO LÓPEZ

80

1

MELLOR BOLADA DANIEL ALONSO LÓPEZ

56

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

105

6

SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

95

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

88

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

84

2

QUINTO PAULA CAMPO SUÁREZ

70

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

50

1

Exit mobile version