Site icon Crónica3.com A Mariña

As Escolas Lourenzá estarán representadas no prestixioso Cros Internacional de Atapuerca (Burgos)

Lourenzá, 11 de novembro de 2015.- As Escolas Lourenzá estarán representadas no prestixioso Cros Internacional de Atapuerca (Burgos). Iria e Ainara Rodríguez serán as protagonistas. O vindeiro domingo estarán pendentes e seguirán a evolución de Ainara Rguez (Infantil) así como de súa irmá Iria (Benxamín) que competirán por primeira vez na súa historia e por primeira vez na historia das Escolas no prestixioso cros internacional de Atapuerca, en Burgos. Ambas percorrerán a distancia de 1000 metros e xunto a elas estará o mellor do panorama nacional das súas categorías. Moita sorte e a disfrutar!!!

Exit mobile version