Site icon Crónica3.com A Mariña

As seleccións da Mariña de futsal xa se preparan para o galego de base

Venres, 27 novembro. As Seleccións da Mariña de Fútbol Sala Base xa se están preparando dende a semana pasada para participar no Campionato Galego de Seleccións Locais. Baixo a coordinación da Fundación Imdecum, as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete da bisbarra deberán pelexar por un posto na final, prevista para o 10 de xaneiro en Santiago de Compostela, fronte á Terra Chá, Lambre e Ferrol.

As datas dos enfrontamentos da fase de grupos coñecerase nos vindeiros días, con dúas sedes na Mariña; A Pontenova acollerá os compromisos fronte a Lambre e Burela recibirá o combinado de Ferrol. Guitiriz será o destino para medirse á Terra Chá.

Corpos técnicos
O equipo benxamín estará dirixido por Borja e Miguel, da ED Barreiros; Michael, de Maderas Barcia Lourenzá, e Andrés, da base do ACD Xove e no sénior de Praia de Barreiros, encargaranse dos alevíns; Saa estará á fronte do conxunto infantil, de Os Fornos Superti, xunto a Mario, da ED Burela FS. A selección cadete estará baixo a batuta de Christian, da escola laranxa, e Míchel, de Imdecum.

Exit mobile version