Site icon Crónica3.com A Mariña

Ás veces todo sae ben

A fraseciña non ten desperdicio “Gran parte das dificultades polas que atravesa o mundo débense a que os iñorantes están completamente seguros e os intelixentes cheos de dúbidas”. O certo e que non teño nin idea de quen e, pero asegurolle que e como si fose miña, pois estou talmente de acordó co que dice.

Pero a pesar de tanto iñorante pululando por estas terras nordesias as veces todo sae ben e os nosos días son un encontró entre xente airada e tranquila que medraron á sombra da barba de Bakunin.

Pois si, as veces todo sae ben e unha sorrisa aventa todas as mañás mentres vevo a sorvos pequenos un café con leite.

Ás veces todo sae ben porque Viveiro xoga a ser un exceso que, pese a todo, sabe sacar partido ás súas paredes deslucidas. Ás veces todo sae ben e un home de semblante fero invítanos a unha jarra de cervexa.
Ás veces todo sae ben porque seguimos crucificandonos e un raparigo ensínanos as catro xeitos de escribir liverdade tras un longo día de traballo.

Ás veces todo sae ben cando unha cidade como Barcelona convértese por uns días na nosa casa e hai alguén que se obriga a ocultar a tristeza das despedidas. Ás veces todo sae ben cando dun idioma recóndito e unha fermosa voz nós entendemos que na metade do cosmos todos somos nubes de coral, e mentras fóra chove sen ruído.

O pobo entra no outono coa mesma cadencia lenta coa que o abandonaron os últimos veraneantes e na cociña, facemos plans sobre o futuro mentres tomamos café, pero o pasado tamén se coa entre as follas que sementan o Souto de Esculturas.

Recordamos aos amigos. Aos que están e aos que son. Tamén aos que estiveron nalgún momento. O poeta morto esta seman ala por o sur, no mar de Vigo e mentras sen pausa percorremos o tempo. E por una vez, non falo dos malandrins dos nosos políticos, Ou si?

Exit mobile version