Site icon Crónica3.com A Mariña

Axóuxeres de Foz representa “As farturas de Servando” no Vicedo

A Casa da Cultura do Vicedo, con entrada gratuita, acollerá este sábado 7 de novembro a representación da obra “As farturas de Servando” do grupo de Teatro Axóuxeres, de Foz. Corresponde coas actuacións programadas dentro do circuito afeccionado Buxiganga 2015 da Deputación de Lugo, esta obra para tódolos públicos retrata a un home de aldea que vive coa súa muller Xoana e a súa filla Marina, casada con Moncho. Servando é un home sinxelo, traballador; pero ó que lle gusta comer e beber ata fartarse. Por iso, a maioría das veces chega tarde e bébeda á casa. O seu xenro fai o mesmo. E as súas mulleres agárdanos anoxadas; pero a cousa enrédase cando Servando se entera de que vai ser avó por primeira vez. Pero, a él o que máis lle preocupa é a súa vaca Karina, tamén a piques de parir.

Exit mobile version