Site icon Crónica3.com A Mariña

Bos resultados para IADOVI no Trofeo Federacion-Xunta de Galicia de Tiro con Arco en Sala

SONY DSCSan Cibrao, 23 de novembro de 2015.- Este fin de semana celebrouse nas Somozas (A Coruña) o Trofeo Federación-Xunta de Galicia de tiro con arco en Sala 2015,o sábado disputaban os rounds as categorías inferiores onde a Alevín feminina de IADOVI en arco recurvo Beatriz Bothelo Melo despedíase da categoría pola porta grande, conseguía bater novamente o seu record persoal (establecido no XIII trofeo Cidade de Narón, o 7/11/2015, con 497 puntos) neste evento conseguía os 507 puntos o que lle levaría todo o máis alto do pódium conseguindo proclamarse campioa da proba.

Na mesma modalidade de tiro, na categoría de infantil cabaleiro competía Anxo Galante Briones o cal terminaría quinto con 478 puntos.

Na categoría cadete, Gabriel Galante Briones tras superar os problemas físicos da anterior competición tamén se facía co primeiro posto da competición con 543 puntos, Lucas Rouco López, batía o seu record persoal de 405 puntos conseguidos do mesmo xeito que a súa compañeira Beatriz no Trofeo Cidade de Narón, situando a súa marca nos 462 puntos o que lle valía situarse no cuarto lugar da competición. Francisco Bothelo Melo lograba a sexta praza con 356 puntos. David Pernas Basanta ocupaba a sétima posición con 346 puntos e finalmente Ivan Cendán Lindin, ocupaba a decimoterceira con 211 puntos.

Á finalización do Torneo o Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco D. Alfredo Louro, fixo entrega dos diplomas acreditativos da condición de campións Galegos 2015 de tiro con arco en aire libre e sala, entre os que se atopaban Gabriel e Angel Galante Briones.A Gabriel fóronlle entregados os diplomas de campeon galego Cadete en tiro con arco en sala e en aire libre 2015, mentres que o seu irmán Angel recibia o seu na categoria Alevín de tiro en aire libre.

O domingo 22 celebrábase a competición das categorías junior, senior e veteranos. Os representantes de IADOVI na categoría senior Ana María Briones Montes, finalizaba sétima con 458 puntos. Jose Manuel García Cordido ocupaba a praza décimo segunda con 486 puntos e Jorge Galante a decimo oitava con 444 puntos.

Por outra banda, finalizada a segunda xornada da liga de equipos, o IADOVI A formado por Angel Galante Briones, Gabriel Galante Briones, Francisco Bothelo Melo e Ana María Briones Montes, ocupa a segunda praza do Grupo Un, mentres que o IADOVI B formado por José Antonio Rico Pernas, Ivan Cendán Lindin, Lucas Rouco López e Davis Pernas Basanta ocupan a quinta praza do grupo dous. O próximo dia 12 de decembro celebrásese na localidade Coruñesa de Valdoviño o último encontro de onde sairá o equipo campión.

Exit mobile version