O primeiro en avisar foi Chino, antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, pero enseguida respondeu, aínda que sen acerto, Buendía, de disparo cruzado no 3, e máis tarde, no 8, Boyis ao pau tras unha perda local. Recuperou sensacións e incrementou o seu perigo o conxunto galego nunha galopada en contragolpe de Iago Rodríguez e con Chino, apoiado en Jorge Bellvert. Dúas advertencias ás que Iago Míguez lles soubo poñer o broche final, cun disparo baixo desde a frontal, e así adiantarse co 1-0 no minuto 13. Edu mantívose impasible ante a afrenta dos jienenses salvagardando o marcador ata o descanso, cunha vantaxe que puido ampliar o minuto 15 Hélder de cabeza, como unha das oportunidades máis claras para os burelistas.
Hélder viuse obrigado a retirarse a falta duns oito minutos para o final; as primeiras exploracións indican que o xogador sofre un esguince de nocello.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Jorge, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Antoñito, Hélder, Carlitos
Jaén Paraíso Interior: Dani Cabezón, Emilio Buendia, Carlinhos, Eloy Rojas, Cuco, cinco inicial; tamén xogaron Jordi Campoy, Boyis, Solano, Ossorio, Carlos Muñoz
Goles: 1-0, minuto 13, Iago Míguez; 1-1, minuto 21, Eloy Rojas; 2-1, minuto 24, Chino, 3-1, Iago Rodríguez; 3-2, minuto 31, Solano; 3-3, minuto 35, Ossorio
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castilla e León). Por Burela amarela a Antoñito (minuto 15 e 38), Jorge. Por Jaén amarela a Eloy (minuto 22), Carlos Muñoz (minuto 23), Carlinhos (minuto 25), Dani Cabezón (minuto 29), Dani Martín (minuto 38)
Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con arredor de 800 afeccionados.