Vista Alegre viviu uns primeiros compases de dominio laranxa, esperando o Santiago na súa pista; avisaron Jorge e Chano sobre a portería visitante. No minuto 5, o 11 burelista protagonizó a acción máis perigosa da cita ata o momento, que repeliu o pau. Con todo foi o Santiago Futsal o primeiro en adiantarse, no minuto 6, cun disparo de lonxe de Quintela que sorprendeu a Edu. Antes de cumprirse o ecuador da primeira parte, tiveron os mariñaos dúas oportunidades moi claras para empatar, Jorge Bellvert, tras recuperación de Iago Míguez, e Antoñito, nunha pelexa sobre a rede compostelana, que non superou a liña por milímetros. Rozando o minuto 16, a galopada de Chano, só ante Íker, viuse freada por decisión arbitral. Acto seguido, con cinco faltas para ambas filas, Edu estivo sublime, despexando coas mans, ante unha opción de ouro de Quintela. A falta de pouco máis dun minuto para o descanso, Antoñito, nunha posición privilexiada fronte a Íker, non puido recoller o pase de Mata desde a banda. Pelexou o Burela FS pola igualada con Chino abandeirar o xogo de cinco, pero a fortuna deulle as costas; Pablo Mel incrementou a distancia compostelana a 0-2, a porta baleira.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Jorge, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Chino, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros
Santiago Futsal: Íker Antonio Diz, Hugo Sánchez, Mel, Santi, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Álex Diz, Quique, Quintela, Iván Rumbo, Dani M
Goles: 0-1, minuto 6, Diego Quintela; 0-2, minuto 19, Mel; 1-2, minuto 21, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 22, Iago Rodríguez; 3-2, minuto 26, Chano; 4-2, minuto 33, Chino; 4-3, minuto 35, Quintela
Árbitros: Cid Bragado // Martínez Torres (Galicia). Por Burela amarela a Jorge (minuto 31) e Iago Míguez. Por Santiago amarela a Antonio Diz (minuto 8), Quintela (minuto 9 e 37), Quique (minuto 31) e Íker (minuto 33)
Incidencias: Partido correspondente á décima xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con ao redor de 1.100 afeccionados. Minuto de silencio en memoria das vítimas nos atentados de París.