Site icon Crónica3.com A Mariña

Chegan tempos de circo político

Si xa se volven tolos os políticos por agarrarse ao sillón que lles permite vivir dos impostos do resto dos cidadáns cando hai unhas eleccións, imaxina cando nun mesmo ano conflúen eleccións municipais e xerais. O paroxismo apodérase de todos eles coma se unha comadrexa entrase nun galiñeiro pedindo o menú do día.

De feito o 2015 pasara a historia como o ano da campaña electoral perpetua. Como unha boa condena que temos que sufrir. Todas as televisións sacando caras riseiras de políticos acotío prometendo a tanda habitual de estupideces que poucos se creen xa. En resumidas contas levamos un ano enteiro de tortura mediática.

Pero hoxe en día sobran as campañas electorais. Iso de avisar con tantos meses de antelación para organizar uns comicios cos medios tecnolóxicos existentes é algo que carece por completo de sentido. O mecanismo das eleccións está moi ben engrasado. Montar os colexios electorais pódese facer en poucas semanas. Do mesmo xeito que preparar urnas e papeletas. Do mesmo xeito os programas que se usan para realizar o escrutinio son perfectamente válidos para varias eleccións. É máis nin tan sequera faría falta ter que acudir aos colexios electorais. Que cada un vote desde casa cun certificado.

Entón, Por que hai campañas electorais hoxe en día? Ao meu xuízo é sinxelo. Trátase dunha cuestión de ter o tempo suficiente acendidos os micrófonos soltando mentiras para ver si algún lles cre? ¡E vaia si hai incautos e masocasque lles creen!

Os políticos son como os malos estudantes, necesitan tempo para facer trampas coas que lograr as súas mezquinos propósitos. Son o mesmo can co mesmo colar extensible. A única diferenza entre unha precampaña electoral e unha campaña electoral estriba en que durante a campaña electoral os partidos políticos pagan aos medios de comunicación co diñeiro dos nosos impostos para soltar os seus soflamas, mentres que na precampaña o pago realízase en base a futuros favores políticos.

Moitos prefiren unha campaña longa, ao estilo das que se escenifican en Estados Unidos nas que se vai percorrendo todo o país celebrando congresos no que por unha banda se trata de enganar aos electores con vacuas soflamas electoralistas e doutra banda mercadeanse favores a cambio de apoios políticos. Ti apóiasme e eu farei que non che falten contratos. Coño¡ ahora que o pensó esto soname a algo de moda neste país¡.

Ademais, para que necesita o cidadán unha campaña electoral? Para que os políticos díganlle o que fixeron ou o que non fixeron non fai falta, para iso só fai falta ter medio minuto máis de memoria que un lenguado para saber todas as cousas que prometeron facer e non fixeron e todas as outras cousas que fixeron e que conseguiren que vivises peor que antes (por moito palabrerío que empreguen para dicirche que estás mellor, aínda que ti vexas que estás peor). E tampouco serven para saber como vas vivir despois de que lles votes, porque che están mentindo.
En serio, si necesitas pensar a quen vas votar é que non decataches de nada do que pasou nos últimos anos e si non decataches, case sería mellor que non votases para non prexudicar outra vez os teus conciudadans.

De modo que mentres algunha mente lúcida e honrada decide eliminar as campañas electorais non nos queda outra que afastarnos de todo este circo, e ter coidado de non pisar unha gasgada de can, porque é ano electoral e as obras invaden a paisaxe das cidades para tratar de xustificarse, como un mal estudante que ao final do exame piden máis tempo para escribir moitas cousas inconexas coas que tratar de disimular de que non ten nin puñetera idea.
Otero Regal.

Exit mobile version