Site icon Crónica3.com A Mariña

Colectivos denunciarán diante da DX de Medioambiente da Comisión Europea a situación das rías e ríos galegos

Bruxelas, 30 de novembro de 2015. Este mércores 2 de novembro integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, acudirán ao Parlamento Europeo (Bruxelas) para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.

Así, de 9.30 a 12.00hrs. as 18 persoas integrantes desta delegación galega manterán unha xuntanza ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, co obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, “unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo”, valora a eurodeputada galega.

Durante a tarde será o momento de trasladar directamente as súas reivindicacións á Comisión Europea (CE), no marco da xuntanza que terá lugar de 16.15hrs. a 18.00hrs. [Sala PHS1C051] con Jose Manuel Servert, representante da Dirección Xeral de Medioambiente da CE na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas.

Alternativa Galega de Esquerda en Europa tense dirixido xa en repetidas ocasións á Comisión Europea denunciando a situación de moitas das canles hidográficas galegas a través de preguntas parlamentarias, como por exemplo as realizadas ao respeito das sendas fluviais do río Tea e Castro da Croa (LIC Río Tea), Ría de Ferrol (Reganosa, Forestal del Atlántico e marisqueo) ou a depuradora de Coruxo.

Aliás, Senra promoveu o pasado 7 de novembro un seminario en Cangas o baixo o título “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, articulada en torno a oito mesas temáticas integradas por máis de quince representantes directos do sector.

Exit mobile version