Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a temporada de fútbol sala para a Asociación Salto do Coro de Mondoñedo

monA Asociación Salto do Coro de Mondoñedo, organizadora do deporte escolar na localidade, iniciaba este sábado a competición de fútbol-sala na zona da Terra Chá xogando na casa con 3 dos seus equipos. Os equipos mindonienses xogan en ligas competitivas de ata 8 equipos nalgunha das categorías.

Os benxamíns da Asociación venceron 7-4 a Abadín, os alevíns venceron 11-2 contra Abadín, e os cadetes venceron contra CONCELLO DE MONCERO 10-1.

Aínda non iniciaron a competición os equipos xuvenil de fútbol-sala e pre-benxamín.

Os equipos cadete e junior de baloncesto iniciaron tamén as súas respectivas ligas.

A Asociación segue co traballo da sección de tenis de mesa, duatlón, ciclismo, atletismo, bádminton e baloncesto. Colaboran coa asociación máis de 20 persoas que perseguen como único obxectivo o facilitar a participación en actividades deportivas dos mozos non só da nosa localidade senón de localidades limítrofes, contando nas escolas con nenos e nenas de Abadín, Ribadeo, Barreiros, Ferreira…

Exit mobile version