Xurde Cerqueiros Galegos como o instrumento común deste colectivo para avanzar nunha óptima xestión pesqueira dos seus buques, para o que colaborarán entre eles e tamén cos restantes actores da pesquería de Cerco, incluindo armadores, asociacións, confrarías e as diferentes Administración, sempre co obxectivo de lograr unha mellora na xestión.
Para isto Cerqueiros Galegos realizará as labores de información e asesoramento que necesiten os seus asociados, con relación constante cos Organismos Oficiáis, públicos ou privados, ou calquera outro relacionado coa pesquería do Cerco, sexan do ámbito que sexan, asesorando aos mesmos, presentando alegacións e observacións, e realizando as xestións necesarias que tendan á consecución dos obxectivos da asociación.