Site icon Crónica3.com A Mariña

CxBurela esixe ao Concello o arranxo das “deficiencias no acceso á nova explanada de aparcamento do Hospital da Costa”

“Recentemente na zona do Hospital da Costa foi habilitada unha nova explanada de aparcamento. O acceso de dito estacionamento faise transitando pola beirarúa da R/ Dos Institutos, xusto na intersección de catro rúas, unha de elas un acceso á nosa vila. Xunto a esto cabe sinalar que en determinadas horas esta zona de carácter escolar está moi transitada provocando situacións de grave risco”, indica o voceiro de Compromiso x Burela, Juan Carlos Piñeiro Docampo.

É por iso polo que solicita “unha actuación da administración para arranxar as deficiencias do acceso ou o cambio de situación do mesmo, ante unha situación de risco grave”.

Exit mobile version