Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega destaca que “apostar por emprender é apostar pola economía local e provincial”

FullSizeRenderLugo, 28 de novembro de 2015.- O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular en Lugo, Daniel Vega, destacou este sábado na cidade das murallas que “apostar por emprender é apostar pola economía local e provincial”. Vega participou esta mañá na capital nun acto sobre emprendedores lucenses organizado por Novas Xeracións da Cidade de Lugo.

Na súa intervención, Daniel Vega defendeu o labor dos empresarios como creadores de emprego e xeradores de riqueza. Destacou a importancia do emprendemento entre os mozos e mozas de cara a iniciar un proxecto de vida.

Vega remarcou que as medidas que ten posto en marcha o Goberno central e as que se implantarán na próxima lexislatura potenciarán que os mozos non collan a maleta para marchar, senón que queden na provincia e aposten por ela e polo seu crecemento. O dirixente popular defendeu o traballo levado a cabo polo Goberno de Rajoy en relación coas rebaixas fiscais que beneficiaron a empresarios e emprendedores, así como a importancia na eliminación da burocracia para comezar a traballar.

O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular en Lugo explicou que esta iniciativa de Novas Xeracións da localidade tivo como finalidade falar do futuro vinculado á xuventude e a Lugo.  

No acto, que deu comezo ás 11:00 horas, na Sede do Partido Popular de Lugo, mozos emprendedores explicaron as súas experiencias. Nel participaron os xerentes de Patatotas, Galaicos Gourmet e Don’t be a Foreigner, Javier Viaño, Rubén Pérez Feijóo e Kathryn Phillips, respectivamente. Ademais, tamén interviron o director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios Lucenses, Juan Manuel Labrada, que fixo un percorrido pola situación na que se atopa o emprendemento hoxe en día.

No acto tamén participou o voceiro municipal do PP, Jaime Castiñeira, a presidenta local de Novas Xeracións, Yaiza Neira, así como os candidatos ás eleccións pola provincia Jaime de Olano, Rosa Arza, Gerardo Criado e Sandra Vázquez.

Exit mobile version