Site icon Crónica3.com A Mariña

Desafío de altura para o Burela FS ante o Universidade de Alacante

bfs_asburgas1Burela, 6 de novembro de 2015.- Desafío de altura para o Burela Pescados Rubén que visita a cancha do Universidade de Alacante para dirimir os tres puntos correspondentes á xornada 8 da Primeira División. A partir das 18.30 horas o conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” retará á escuadra alicantina para lograr o seu obxectivo de pleno de vitorias antes de parón liguero, motivado polo Torneo Mundial de Guatemala para o que foron convocadas Peque (España) e Shio (Xapón). 

O adestrador mariñao ve ao seu equipo “moi mentalizado para seguir sumando vitorias e manter o pulso co Atlético Féminas” e é consciente que en Alacante teñen “unha proba moi complicada de superar ante un equipo que xoga moi ben ao fútbol sala pero ao que tamén queremos derrotar. Debemos aproveitar a nosa inercia gañadora e sairemos moi concentradas para ser merecedoras dun triunfo nunha pista complicada. Estou convencido que o UA Alacante estará na zona alta pelexando por obxectivos ambiciosos”.

Exit mobile version