Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 27 ó 29 de novembro 40 comercios de Ribadeo participarán na segunda edición do Black Friday que organiza ACISA

Ribadeo, 26 de novembro de 2015. Un total de 40 comercios de Ribadeo participarán do 27 ao 29 de novembro na segunda edición do Black Friday, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

Desde a directiva sinalan que “ribadenses e visitantes gozarán durante estes tres días de incribles descontos en moda de tempada e outlet. É unha boa ocasión para renovarnos e para ir á última gastando por pouco diñeiro”.

Os establecementos participantes son: Once mandamientos, Pequerrechos, Holaola Street, Hola Ola, Bora Bora, Pippols, Bis a Bis, Sanjurjo Moda, Mercería Toñita Pekes, Naná, Paquetería Mercería Vizcaya, PC Ribadeo, Menos Lobos, Joyería Modesto G, Glass, Anaís, Mercería Torviso, Opticalia, Óptica Carreira, La Moda, La Moda Básico, La Moda Sport, M de Marengo, Tabata, Eurekakids, Lencería Julia, Farmacia Mª Carmen Álvarez Lebredo, Esprit, Tu&Tu, Dándara, Cosmos, Güendolina, Siete Pecados Clothes & Accesories, Oscarves, Refan, Mika, Ginzo Hombre Mujer, Farfala, Deportes Docobo, Ribamueble, Saia, Bonari e Petite Pouppée.

Exit mobile version