Site icon Crónica3.com A Mariña

Eroski Ribadeo organiza un certame infantil de postais de Nadal o 11 de decembro

Ribadeo, 30 de novembro de 2015. O Hipermercado Eroski Ribadeo organiza un Concurso Infantil de Postais de Nadal o vindeiro 11 de decembro, venres, ás 18.00 horas. A esa hora están convocados todos os nenos e nenas que o desexen para elaborar as súas postais de Nadal co material que traian das súas casas e que precisen para realizar o traballo. Poden participar nenos de entre 4 e 15 anos, que se dividirán en tres categorías por idades e o gañador en cada unha delas levará un lote sorpresa. Cada cativo debe vir acompañado dun adulto.

Eroski Ribadeo nomeará un xurado para escoller a postal máis orixinal, creativa, os mellores motivos de Nadal e a mellor elaborada por cada categoría. Ademais dos traballos seleccionados e premiados, todos os participantes levarán un obsequio.

O tempo para preparar a postal comezará ás 18.00 horas e rematará ás 19.45. O nome dos premiados farase público ás 20.00 horas.

Exit mobile version