Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo abre a campaña extractiva da centola e do boi na zona que vai dende Cabo Estaca de Bares ata o río Eo

Santiago, 28 de novembro de 2015.- A Consellería do Mar abre este domingo a campaña extractiva da centola e do boi na zona que vai dende Cabo Estaca de Bares ata o río Eo. Nesta área, a frota con porto base na zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os miños desde mañá a partir das 10 da mañá e levar as especies á lonxa o luns. A campaña prolongarase ata o inicio da veda do ano 2016, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

No caso da parte que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda, na provincia de Pontevedra, a campaña comezou o pasado 8 de novembro e na parte que vai dende Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares, na provincia da Coruña, a campaña iniciouse o pasado 15 de novembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nas ditas augas.

Exit mobile version