Xa pola tarde, a ruta do cantos de taberna pola hostalería do Valadouro puxo nota festivo -lúdica da xornada que deron un ambiente agradable á xornada.
Pola noitiña, aprobeitando as boas temperaturas que estamos a ter estes días, celebrouse o magosto multitudinario que se achegou ata o aparcadoiro municipal. A ete magosto achegáronse máis de 500 persoas provocando que as existencias case se quedaran escasas. Os asistentes, puideron recibir viño, pan, auga, arenques, castañas…
Esta foi unha xornada na que numeroso público estivo presente en todas e cada unha das actividades que a concellaria de cultura, co edil nacionalista Eduardo Chao á fronte, organiza.