Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición cos gravados de Gándara-Golpe en Regal Xunqueira

selfie-gravadoO Complexo Cultural Regal Xunqueira acollerá ata finais deste mes de novembro unha exposición de gravados dó betanceiro Gándara-Golpe. Licenciado en BB.AA. pola Universidade de Barcelona, “tropezo co gravado en Betanzos a finais dos oitenta. Vou dando chimpos de técnica en técnica e de ano en ano deica facer o Master de Obra Gráfica 2012-2013 na fundación CIEC. En Regal Xunqueira amoso un revoltixo de obras producidas entre o taller do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre en Salamanca; punta seca, augaforte, augatinta, chine collée, maneira negra, litografía, xilografía, serigrafía e técnicas aditivas. Distintos temas e diferentes xeitos. A idea é compartir con vos uns cantos contos”. O acto de inauguración terá lugar este xoves 5 de novembro ás oito do serán.

Exit mobile version