Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz: finou Pequenete

Na mañanciña do domingo , polo xornal, soubemos da triste nova que nos deixou abraiado: na tarde- noite anterior finara Xosé Ramón Andrade Lestegás, o tan popular “Pequenete”; home polifacético, emprendedor, optimista, traballador, extrovertido e vitalista; animador social, sempre dinámico, de bó talante, matinando con novas iniciativas para o solaz das xentes. Os Pequenete, él e seu irmán Xosé Benito, fixeron posible que Foz contase coa magnífica sala de cine que mercaran á familia Núñez Cageao no ano 1985 cando, de non ser así, posiblemente xa daquela se pechara, e que perdurou ata o 2006.. en que a tolemia inmobiliaria a fixo renderse á piqueta. Polos finais dos anos 80 do século pasado que a familia Bahía cesou na explotación da Pista e Sala de Festas da sua propiedade, os Pequenete tomárona en aluguer e durante anos seguiron organizando bailes e festivais mantendo a categoría dos mesmos, ofrecendo actuacións de orquestras e atraccións do nivel que deran tanto prestixio a aquéla dende a súa creación en 1948.

Funcionario de Correos xubilado; Presidente da Asociación Cultural O Castro de Vilaronte, onde residía, e na que fatalmente perdeo a vida; organizador de festas, como a do Emigrante, que cada ano, na súa parroquia, ten lucida celebración…

Ísta é só unha breve síntese da actividade desenvolvida por Xosé Ramón Andrade , “Pequenete”, tristemente desaparecido,feita a voapluma dende a mágoa da perda do valioso membro da nosa sociedade, do que este cronista foi amigo entrañable.

Suso Fernández

Exit mobile version