Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF manifesta a súa satisfación pola aprobación das tres mocións que presentou no último pleno da corporación municipal de Foz por unanimidade

Foz, 26 de novembro de 2015.- Este pasado mércores, 25 de Novembro ven de celebrarse o pleno ordinario da Corporación municipal de Foz.

Un pleno con 12 puntos na orde do día, dos cales queremos salientar os seguintes:

Punto 3: “Delegación de facultades en materia de xestión,liquidación,recadación e inspección tributaria na Deputación Provincial de Lugo do IBI,IAE e IVTM,tanto en período voluntario como en vía executiva”.
Este punto finalmente non se chegou a debater, xa que no momento de intervencións o Alcalde pediu a súa retirada e deixalo para o seguinte pleno porque lle faltaba unha Concelleira ó PP.

Punto 4: “Solicitude á Deputación de Lugo de financiación das obras da RúaÁlvaro Cunqueiro”.
FPF manifestou neste punto, que o proxecto para o que se debe pedir financiación debe ser un proxecto 100% completo, non coma o que temos nestes momentos encima da mesa que consiste solo na mellora do que é a parte visible desta rúa, este proxecto necesita obrigatoriamente completalo coa redacción do que suporía meter canalizacións de augas pluviais a toda a rúa, cambio do saneamento existente de tubos de cemento que están provocando filtracións en edificios, e o cambio da rede de augas onde en moito tramo desta rúa aínda está en fibrocemento,así como posiblemente outras canalizacións para non ter que volver a levantar a rúa con parches,así como ampliar a zoa de aparcadoiros municipais. Entendemos que este proxecto que a valoración inicial é de 700.000€ se terá que ver incrementado posiblemente noutros 400.000€ e así,si que poderíamos dicir que a Rúa Álvaro Cunqueiro sería unha nova rúa, si non se producen estas modificacións que FPF pide , esa obra sería unha chapuza e de cada pouco tempo os veciños,comerciantes e visitantes terían que estar soportando novas obras que nunca quedarían ben, así mesmo tamén dende FPF pedimos que a solicitude de axudas non sexa soamente dirixida á Deputación Provincial de Lugo, senón tamén que se dirixa á Xunta de Galicia, xa que é un proxecto que perfectamente podería aportar financiación sen ir mais lonxe Augas de Galicia para cambiar todo o anteriormente descrito.Dende FPF consideramos que esta obra é moi importante,onde se vai a gastar moito diñeiro dos nosos contribuíntes e non se pode realizar mal.Foz, Plataforma de Futuro votou a favor desta moción despois de que fora engadido nela todas as reclamacións anteriormente expostas, sendo aprobada por unanimidade.

Punto 5: “Proposta do Grupo Municipal de FPF para instar ó Concello de Foz a facer as xestións necesarias para a ampliación da ponte sobre a vía do tren en Nois, no barrio do Apeadoiro”.
Moción presentada por “Foz,Plataforma de Futuro” para o seu debate, sendo aprobada esta por unanimidade, esperando que se poida executar esta obra á maior brevidade posible e dar unha entrada como os veciños e veciñas deste barrio de Nois se merecen.

Punto 6:”proposta do Grupo Municipal de FPF para instar ó Concello de Foz a facer as xestións necesarias para a implantación do Centro de Información a Muller C.I.M”.
Moción presentada por “Foz,Plataforma de Futuro” para o seu debate, sendo aprobada esta por unanimidade, debemos dar un paso máis no noso Concello e poñer a disposición das nosas veciñas este servicio tan importante.

Punto 7:”Proposta de FPF para instar ó Ministerio de Fomento a construír unha pasarela peonil na zona de Vilaxoane a altura da N-642”.
Proposta presentada por “Foz,Plataforma de Futuro” para o seu debate, sendo aprobada esta por unanimidade, esperemos que desta sexa a vencida e se fagan as xestións oportunas co Ministerio de Fomento para dar ós veciños e visitantes que usan esta zoa do noso Concello o servicio que se merecen.

Exit mobile version