Site icon Crónica3.com A Mariña

Frutas Jose FSF 2-0 Castro FSF

12314023_10153737415386000_911102851040327766_n30 de novembro de 2015.- Frutas Jose.: Diandra, Nerea, Marta, Mery y Rosana. Tamén xogaron.: Andrea, Bea e María Balsa.

Castro FSF.: Ivana, Alejandra, Teresa, Sandra, Patricia. Tamén xogaron.: Nuria, Jenny, Thais, Sheila y Laura

1-0 Mery (min 14)
2-0 Nerea (min 49)

Segunda vitoria consecutiva do Frutas Jose nesta tempada, desta volta diante dun Castro FSF moi reforzado respeto a tempada pasada.

A primeira metade foi dun claro domino do equipo local que de non ser, unhas veces pola falla de definición e outras veces polas intervencións da porteira visitante, houbérase retirado aos vestiarios cunha diferenza moito mais ampla que o 1-0 que reflexaba o marcador, diante dun Castro que apenas inquedou a meta defendida por Diandra.

Na segunda parte o Castro adiantou a súa liña de presión intentando acadar o empate, pero as locais souberon controlar o partido e xogar en función do resultado, sen arriscar innecesariamente en ataque e buscando ter a posesión do balón para non pasar apuros en defensa. No último minuto Nerea aproveitou o saque dun corner para por o definitivo 2-0.

Con esta vitoria o Frutas Jose sitúase na zoa media da clasificación e na vindeira xornada visitará a pista do lider, o Quiroga, partido que se disputara o sábado12.

Exit mobile version