A clasificación séguese apretando por arriba na categoría sénior masculina da Tirada de Bolos de Xove aínda que Rafael segue mantendo unha pequena vantaxe grazas á súa regularidade, xa que é o único xogador que ata o momento puntuou en tódalas tiradas e só baixou do cuarto posto nunha ocasión.
Sócrates continúa segundo, pese a non puntuar, seguido moi de preto por Moisés Rodríguez, Francisco Pérez e Luis Rancaño, este último grazas á extraordinaria tirada realizada, conseguindo unha puntuación altísima de 355 tantos.
Liga Sénior Feminina
Grazas á mala tirada de Belén Meitín, Salomé Cardoso consolídase na cabeza, ampliando a súa vantaxe a 11 puntos. Na terceira posición unha veterana, Salomé Bermúdez, que con 22 puntos está abrindo brecha coas súas inmediatas perseguidoras.
Salomé non partía a priori entre as principais favoritas, pero a vitoria obtida na primeira tirada de Lago deulle moita moral e está realizando unha campaña moi regular na que xa acumula 2 vitorias. Pola súa parte, Carmen Corral segue arrastrando molestias físicas polo que o seu xogo está moi por debaixo do seu potencial.
Liga Sub 16
Vitoria unha vez máis, e xan van sete seguidas, de Daniel Alonso, que está a dar un paseo militar no campionato. Nos seus tanteos xa se está a comparar cos seniors permitíndolle aprender para a vindeira tempada na que, seguramente, subirá de categoría. Estamos ante dun xogador, que pese á súa xuventude, xa podería competir na Liga Sénior con moitas posibilidades de estar nos postos de vangarda.
Por detrás, Miguel López, ubicado en terra de ninguén, sen ninguén que o presione, ocupa a segunda posición. Para o terceiro posto temos a tres xogadores mozos: Javier Alonso (13 puntos), Julia López (11 puntos) e Hugo Pérez (9 puntos) que seguramente pelexarán ata o final polo terceiro posto no caixón dos vencedores.
A vindeira tirada terá lugar no Centro Social de Morás, o vindeiro sábado 21 de novembro de 2015.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (14 NOVEMBRO 2015) 37 INSCRITOS: 20 NA LIGA SÉNIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 355 | 12 |
SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 326 | 10 |
TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 321 | 8 |
CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 314 | 7 |
QUINTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 311 | 6 |
SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 301 | 5 |
SÉTIMO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 289 | 4 |
OITAVO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 284 | 3 |
NOVENO | JOSE VIGO LAGE | 275 | 2 |
DÉCIMO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 261 | 1 |
MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 98 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 213 | 6 |
SEGUNDO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 193 | 4 |
TERCEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 192 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 166 | 2 |
QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 138 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 75 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 232 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 222 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 189 | 3 |
CUARTO | CARMEN ROCA CORRAL | 170 | 2 |
QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 142 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 76 | 1 |