A nova economía de mercado. A tensión abundancia-escaseza, a uns sobralles moito e a moitos faltalles todo. Hai que producir para vender e poder comprar. Non ten ningún sentido que as cousaso téñan. Son o que son, cousas, en toda a súa definición, sen máis sentimentalismos. Consumimos e acumulamos, dous camiños sen retorno aos que nos leva a dual organización mercantil que nos tocou vivir.
Ata agora a oferta respondía á demanda, fabricábanse zapatos porque o comprador pedía zapatos. Hoxe as necesidades de mercado invirten os términos, os fundamentos volvéronse do revés, como fabricamos moito hai que provocar a compra, crear a necesidade, convencer ao consumidor de que o adquira, que lle fará feliz, que o necesita, que lle dará postín de cara aos demais, que mellorará a súa vida, as súas relacións, o seu benestar. Uns poucos temos moitos zapatos no armario, un par máis cada tempada. Moitos nenos do mundo van descalzos, viven descalzos, traballan descalzos, foxen dos seus perseguidores descalzos e fan a guerra descalzos, algúns confeccionan a man os nosos luxosos zapatos.
A incorporación de China e India, superpotencias demográficas con necesidades do mesmo xeito proporcionais á súa numerosa poboación, está descalabrando todas as prácticas tradicionais de mercado. O futuro viable que piden as manufacturas está en que se compre continuamente obxectos e de baixa calidade, consumir moito e barato proporciona traballo e alimentos para manter moitos postos de traballo e repartir os beneficios entre máis poboación mundial.