Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela organizou este xoves o III Seminario de Prevención da Violencia de Xénero

IMG-20151127-WA0025Burela, 27 de novembro de 2015.- Mujeres en Igualdad Burela organizou este xoves o III Seminario de Prevención da Violencia de Xénero no Auditorio municipal.

“A pesar dos enormes esforzos da Administración, asociacións e demáis institucións implicadas nesta loita, a violencia de xénero cobrouse xa a vida de 40 mulleres este ano en España. Temos que seguir avanzando nesta loita e desde Burela facémolo incidindo na sensibilización e educación en igualdade”, sinalou Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, na inauguración.

A continuación, dúas xoves víctimas da violencia machista narraron ao auditorio -tras un biombo- a súa experiencia e, o máis importante, como lograron saír adiante. “Estas testemuñas demostran que hai saída e reafirman a necesidade de concienciar e transmitir ás mulleres que aínda non deron o paso a importancia de denunciar”, sinalou Carmen Fúnez.

“Que defendemos en Mujeres en Igualdad?” Fúnez sintetizouno en tres puntos:
1.- Poñer fin á violencia machista non debe considerarse unha utopía, senon un reto de toda a sociedade que require “unidade”.
2.- A súa orixe está no machismo e combátese fortalecendo ás mulleres. “Hai que devolverlles a súa liberdade e reforzar a súa autoestima”. Conséguese, entre outras vías, facilitando o seu acceso ao emprego.
3.- Hai recursos ao servozo das víctimas, pero o sistema só se pode poñer en marcha se a víctima denuncia. “Elas necesitan o apoio de toda a sociedade e por iso solicitamos a vosa colaboración, para que se sintan protexidas e saiban que non están soas”.

Un total de 43 homes cumpren condena nestes momentos en Lugo por delitos de violencia de xénero.

Tras esta poñencia, Emma Álvarez Chao detallou as medidas de actuación en Galicia e Jose Díaz, gañador dun concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero, explicou como se aborda esta loita desde a perspectiva masculina.

Exit mobile version