Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. de Lugo organiza este sábado un foro sobre emprendedores lucenses

Lugo 25 de novembro de 2015.- Novas Xeracións da Cidade de Lugo organiza este sábado, día 28 de novembro, un acto sobre emprendedores lucenses. A presidenta da formación lucense, Yaiza Neira, explica que esta iniciativa de Novas Xeracións da localidade ten como finalidade falar do futuro vinculado á xuventude e a Lugo.

No acto, que dará comezo ás 11.00 horas, na Sede do Partido Popular de Lugo, mozos emprendedores explicarán as súas experiencias. Nel participarán os xerentes de Patatotas, Galaicos Gourmet e Don’t be a Foreigner, Javier Viaño, Ruben Pérez Feijoo e Kathryn Phillips, respectivamente. Ademais, tamén intervirán o director xeral do Igape, Javier Aguilera, e o presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios Lucenses, Juan Manuel Labrada, que farán un percorrido pola situación na que se atopa o emprendemento hoxe en día.

Exit mobile version