Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e os concelleiros de turismo e cultura de Burela manterán un encontro o vindeiro luns para preparar o Nadal

Burela, 26 de novembro de 2015. O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 20.30 horas no salón de plenos do Concello terá lugar unha xuntanza con varias asociacións da localidade para falar do vindeiro Nadal. Ao encontro asistirán o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Cultura e Turismo, José Díaz e Ramiro Fernández, respectivamente.

O rexedor explicou que “queremos reunirnos con asociación como a Acia de Burela, como Ledicia e tamén con outros colectivos para preparar a programación do Nadal. Nós queremos axudar en todos o que poidamos para que a nosa vila sexa un referente durante esas datas e que Burela estea moi activa”.

Exit mobile version