Situación allea ao BNG “que sempre mantivo a mesma postura”. Ferreiro recoñeceu que a situación “aféctanos tanto no ruído mediatico como na práctica operativa” e sinalou que “esta situación é, unicamente, responsabilidade do PSOE e esperamos que reaccione e actúe”. “Non imos permitir que nin Candia, nin Martínez nos digan cando temos que estar no goberno e cando non” afirmou Ferreiro e sinalou que “asumiría, sen adicación exclusiva, as tarefas de goberno”.
Visto o que pasou onte “o PP merecía que lles puxéramos a Martínez como presidente, aínda que esto nunca vai suceder por que as veciñas e veciños de Lugo non teñen por que sufrir esta situación”.
Antonio Veiga “despois dun goberno en precario de catro meses do partido popular estamos poñendo a funcionar esta institucións que é a verdadeira preocupación de veciñas e veciños”. Veiga anunciou que “imos traballar con eficacia e eficiencia independentemente de contemos con liberados ou non”. O vicepresidente loubou o “traballo das funcionarias e funcionarios neste catro anos que non miran a cor política” e ”dixo que contamos, nas nosas áreas, coas persoas máis preparadas para sacar adiante todas as tarefas de goberno que teñamos que afrontar”.
Veiga transmitiu unha mensaxe de “tranquilidade” a todos os concellos e colectivos culturais e deportivos que “están agardando a que este goberno se poña a funcionar”. “Aínda que nos metan paos na roda ese 12 + 1que so pretenden atrancar a acción de goberno”. O vicepresidente dirixiuse a Elena Candia para que “explique o pacto oculto ao que chegou co Sr. Martínez”. Antonio Veiga rexeitou o argumento da proporcionalidade utlizado, durante o pleno, para tratar de xustificar o acordo tomado polo 12 + 1 e explicou que “a proporcionalidade refírese ao traballo que hai que facer e non ao número de deputados de cada grupo”.
Situación laboral de Xosé Ferreiro
O deputado nacionalista explicou que “o voceiro do BNG queda sen dedicación na Deputación de Lugo e esta operación foi intencionada” por que ”eran sabedores que na miña profesión no podo ter opción a media dedicación”. Ferreiro explicou que si podería sumar o salario do seu traballo á media dedicación pero “por ética nunca o faría, como ocurre no caso doutros deputados e deputadas”. Xosé Ferreiro lembrou que “foi Elena Candía quen, sen que ninguén llo pedira, propuxo dúas dedicacións para o BNG no periodo que estivemos na oposición”. “Se con estas maniobras de concesión de salarios pretenden comprarnos están moi equivocados” sentenciou Ferreiro.