Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bordelo achega a Burela dentro do ciclo Teatro no Outono a peza ‘Os amores do mariñán’

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, continuando co a súa programación Cultural de Outono, presenta ao Grupo de Teatro O Bordelo de Cervo coa súa obra “Os amores do Mariñán” do autor e director Francisco Piñeiro.

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela, o vindeiro venres, 27 de novembro, ás 21.00 horas. A entrada será libre.

Nunha viaxe retranqueira polo espazo contextualizado da Mariña Lucense degráñanse diferentes modos e xeitos esperpénticos de levar a vida, pinceladas de filosofia popular con intención de nos liberar do asedio dos problemas reais.

Unha comedia actual onde os protagonistas son a sabedoría e a retranca populares, peregrinas collidas da man, sobor das escumas brancas das ondas do mar, tal fosen pombiñas brancas sulcando outeiros e chairas para írense apousar dentro dos que sinten o teatro como un soño colectivo.Todos somos portadores dun sorriso agochado que as circunstancias da vida prentenden afogar. Deixemos que a nosa propia filosofia de vida se asome á ventá disfrutando do mundo con respecto e liberdade.

Exit mobile version