Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS e o Concello de Cervo, xuntos polo deporte e a xuventude

conveniobfs-cervo15Burela, 17 de novembro de 2015.- O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo, co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, foi recibido no consistorio cervense polo de Deportes, José Ramón Soto, este luns pola tarde para a formalización da continuidade de proxectos conxuntos.

Neste marco de actuación, o alumnado e profesorado da escola de Cervo poderán gozar de xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS, ademais de recibir pases especiais para presenciar os encontros laranxas e acceder a descontos nas actividades programadas dende o club. Pola súa banda, o Concello cederá as instalacións municipais para a práctica deportiva previa solicitude do club.

Exit mobile version