Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén enfróntase ao Rehabmedic Peñíscola o sábado 7

iagomiguez-jaen15Burela, 6 de novembro de 2015.- O Burela Pescados Rubén enfróntase ao Rehabmedic Peñíscola o sábado 7 a partir das 18.00 horas, duelo correspondente á novena xornada da Primeira División. Os mariñaos ocupan a novena posición con nove puntos mentres que o Rehabmedic Peñíscola é décimo terceiro con seis. 

O conxunto burelés desprazouse a terras levantinas coas baixas de Hélder, Isi e Matamoros. Malia todo os burelaos buscarán sumar os tres puntos ante un rival “difícil aínda que non atravese o seu mellor momento” indicou Daniel Ibañes que vaticina un partido “moi igualado xa que somos dous equipos parellos e ambos necesitamos os puntos”. Para o técnico laranxa o seu equipo está “nunha boa liña, debemos mellorar certos aspectos do xogo como a definición pero o equipo está sendo solidario e xerando ocasións. A concentración é clave en cada partido e esperamos mostrar a nosa mellor versión para conquistar a vitoria”. Carlos Sánchez, técnico do Peñíscola, mostrouse na mesma liña que Daniel Ibañes resaltando a igualdade entre ambas escuadras. O madrileño afirmou que vai ser un encontro “compricado, xa que o Burela Pescados Rubén é un conxunto equilibrado, organizado e cun bo persoal. Sabemos que virán coa mentalidade de gañar para estar o máis arriba posible, coma nós. Teremos que defender forte para sumar tres puntos que nos aporten ledicia e tranquilidade”

Exit mobile version