Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro convoca 15 prazas de persoal laboral

A Xunta de Goberno Local de Viveriro aprobaba este xoves as bases xerais, específicas e convocatoria para a selección de dous traballadores como persoal laboral temporal mediante contrato de relevo, que desempeñarán as funcións de peón e operario de emerxencias.

As bases publicaranse na páxina web do concello e no taboleiro municipal de anuncios e nelas establecese un prazo de 10 días naturais para a presentación de instancias dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia -este venres 6 de novembro-. Polo tanto, este prazo remata o 16 de novembro de 2015.

Os requisitos para poder acceder a estas prazas recóllense nas bases referidas, sendo indispensable figurar como demandante no Servizo Galego de Emprego. As instancias presentaranse no rexistro municipal, podendo acceder a este proceso selectivo calquera persoa interesada que cumpra os requisitos.

Así mesmo,este venres aprobaranse as bases xerais, especificas e convocatoria para a selección de 13 traballadores como persoal laboral temporal para o servizo da piscina municipal, que desempeñarán as funcións de técnico/a de xestión, operario de mantemento, monitor de sala-socorrista, socorrista, monitor/a deportivo, auxiliar de recepción e operario de limpeza I.

As bases publicaranse na páxina web do concello e no taboleiro municipal de anuncios e nelas establecese un prazo de 10 días naturais para a presentación de instancias que rematan o 16 de novembro trala súa publicación no BOP deste venres 6 de novembro.

Os requisitos para poder acceder a estas prazas recóllense nas bases referidas. As instancias presentaranse no rexistro municipal, podendo acceder a este proceso selectivo calquera persoa interesada que cumpra os requisitos.

Exit mobile version