Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo prepara e acondiciona para asociacións do municipio os locais do antigo PAI

Cervo, 23 de novembro de 2015. O Concello de Cervo prepara e acondiciona para asociacións do municipio os locais do antigo Punto de Atención á Infancia (PAI), de San Cibrao.

A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, explicou que “en reunións mantidas o ano pasado con representantes de asociacións do municipio algunhas fixéronos chegar a petición de locais no antigo PAI, unha vez que se trasladar este centro educativo para a Casa do Mar. Entón o Concello, seguindo na liña de colaboración cos diferentes colectivos, ben sexan veciñais, deportivos, culturais, educativos, etcétera, con medios persoais, económicos e materiais; e como se fixo noutras ocasións, e tamén agora, cedendo locais para o desenvolvemento da súa actividade. Ademais o Concello pon a disposición de todas as asociacións do municipio que o solicitan locais para a celebración de actividades concretas temporais, como cursos, por exemplo. Polo tanto non queda ningún colectivo sen desenvolver as súas actividades por falla de locais para levalas a cabo”.

Pilar Armada engadiu: “esta é a nosa liña de actuación e estamos abertos a todas propostas que sexan posibles. Hai que ter en conta que este é un concello no que a actividade asociativa é moi grande e este equipo de goberno sempre está disposto a colaborar con todos os colectivos”.

Exit mobile version