Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Burela acláralle ao portavoz do PP que o rexistro electrónico do Concello burelés funciona as 24 horas do día os 365 días do ano

Burela, 27 de novembro de 2015.- O equipo de goberno subliña que no Concello funciona o rexistro electrónico as 24 horas do día os 365 días do ano, polo que acusa ao portavoz do PP de enganar unha vez máis aos veciños coas súas declaracións. Desde o grupo de goberno critican que González Barcia poña en dúbida a profesionalidade dos técnicos municipais. O equipo de goberno rexistrou onte á tarde unha enmenda a unha moción presentada polo PP a mediodía e fíxoo de xeito totalmente legal.

Desde o grupo de goberno explican que “Partido Popular presentou ás dúas menos dez da tarde unha moción para o seu debate no pleno, á que se presentou unha emenda pola tarde por medio do Rexistro do Concello por parte do grupo socialista. Queremos aclarar que todos os veciños de Burela poden facer rexistros no Concello as 24 horas do día os 365 días do ano, porque temos o rexistro electrónico que así o permite. Co cal calquera veciño pode facer esas xestións mediante o rexistro electrónico, que precisamente foi o señor Barcia un dos implicados na implantación do mesmo. Polo tanto parece mentira que saia agora con estas cousas, cando sabe perfectamente que iso se pode facer”.

No equipo de goberno subliñan que “non é ilegal, nin moito menos, polo que o señor Barcia intenta enganar, unha vez máis, aos veciños, pero xa lle demostraron nas eleccións que o coñecen ben. Entón nosoutros non vamos permitirlle que siga mentindo aos veciños desa maneira. Ademais con esas manifestacións esta dubidando da profesionalidade dos técnicos que temos no Concello, o que nos parece gravísimo, porque estamos moi contentos do traballo precisamente da Secretaría, neste caso, pois é unha persoa profesional e competente ao cen por cen”.
O grupo de goberno anima “á xente a que presenten os documentos cando queiran utilizando a ferramenta do rexistro electrónico, que funciona as 24 horas durante os 365 días do ano. Polo tanto non sabemos a que ven esta rabecha do señor Barcia”.

Exit mobile version