Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose Viveiro FSF vence ó Vilasar FSF por 4-1

O Frutas Jose Viveiro FSF acadou a súa primeira vitoria da tempada ante un Vilasar FSF que ata esta xornada gañara todos os seus partidos, pero que se veu superado en todas as facetas do xogo polas xogadoras viveirenses que parece que pouco a pouco van atopando a súa mellor versión logo dun inicio de liga un tanto irregular.

As locais xogaron unha moi boa primeira metade na que se retiraron ao tempo de lecer cun claro 3-0 no marcador, goles obra de Mery, Marta e Nerea; pero, a ventaxa puido ser aínda máis ampla visto o acontecido no terreo de xogo.

Na segunda metada as sarrianas subiron a súa liña de presión e durante os primeiros minutos pecharon as locais no seu campo, un tanto sorprendidas pola intensidade da presión do rival.

Froito desta presión as visitantes recortaron distancias no marcador e os nervios afloraron nas viveirenses que ata mediada a segunda metade non eran quen de dar resposta ao xogo das de Sarria, Logo o xogo volveu a equilibrarse e a catro minutos do final Mery subiu o definitivo 4-1 ao marcador, o que lles permitiu as locais pechar o encontro sen máis sobresaltos.

O vindeiro sábado o Frutas Jose Viveiro FSF recibe ao Castro FSF no Antonio Tarrio ás 17.00 horas.

Exit mobile version