Burela, 19 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) manifestou este xoves que “queda demostrado que o PSOE e a concelleira de Servizos Sociais puxeron todo o seu empeño en conseguir que por primeira vez desde que Burela é concello non haxa ningún tipo de cursiño para mulleres no último trimestre do ano, e están a piques de logralo”.
Estas manifestacións foron feitas polo GMP a raíz do anuncio feito pola concelleira de Servizos Sociais de contratación dos cursos para mulleres. O GMP afirma que “tendo en conta os prazos marcados na convocatoria e a época do ano en que estamos, os cursos non poderán comenzar antes de xaneiro”.
Os populares afirman que “os cursos de tempo libre para as mulleres tiñan que estar en marcha a mediados de outubro ou como mui tarde o día un de novembro. Todo o demáis son disculpas da concelleira por non facer a tempo o seu traballo. Leva cinco meses no cargo e acórdase agora dos cursos, como se lle levara cinco meses descubrir as variantes que a lei dá para contratar estes cursos”.
Por eso, aseguran que “esta é a cuestión, e que non nos veña a concelleira con máis lerias, ou lanzando insinuacións e dúbidas. A esta señora hai que decirlle que as contratacións que fixemos desde o goberno municipal eran absolutamente legáis, tan legáis que eran as mesmas cas utilizadas por anteriores gobernos do PP e mesmo polo bipartito. Tanto é así que non hai ningún informe que prohibise as contratacións que se fixeron. En todo caso, como tén coñecementos sobre este asunto, debería ter solucionado o sistema de contratación desde a semana seguinte á súa chegada ó concello e non agardar a que as mulleres de Burela queden sen cursos neste último trimestre do ano. En definitiva, no que se refire ás cursiños estivo cinco meses sin facer nada, cinco meses dándolle voltas a un asunto que ela debería saber resolver, o que demostra mui pouca dedicación ós temas municipáis”.
Desde o GMP aseguran que “puido facer os cursos para mulleres nestes últimos meses do ano, porque tiña cartos, exactamente os cartos que o goberno do PP tiña previsto para impartir os cursos nestes últimos meses do ano. Polo tanto, se quere disculparse decindo que non había cartos, a concelleira mentiría. Ademáis, vemos que non vai haber aforro de cartos, mesmo pode que resulte máis caro o sistema que aplica esta señora, pero eso xa o veremos cando se adxudiquen os cursos”.
Finalmente, “pedímoslle á concelleira de Servicios Sociáis que non se deixe levar pola pasión, que actúe con sentidiño, e que non se ocupe en conseguir ser a primeira en algo… Ainda que por desgracia para ela, para sempre será a primeira concelleira de Servicios Sociáis que deixou sen cursos ás mulleres de Burela no último trimestre do ano”.