Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de apoio a AGE en Ribadeo reclama “transparencia” en relación ó proxecto de Illa Pancha

O grupo de apoio a AGE en Ribadeo, en relación coa nota difundida polo alcalde de Ribadeo o pasado 23 de outubro sobre a illa Pancha, expón:

“O día 3 de Xunio de 2015 presentouse un escrito no concello solicitando “a publicación do proxecto íntegro e o informe da alcaldía”. Pese ás declaracions de transparencia do alcalde a día de hoxe non recibimos ningunha resposta. Subliñamos que o proxecto íntegro refírese a facilitar toda a documentación do expediente e o informe da alcaldía refírese ao informe favorable do concello segundo nota do Ministerio de Fomento do día 24 de abril de 2015 que di textualmente : “…acuerdo del Consejo de Ministros que cuenta con el informe previo de Puertos de Estado así como de la Xunta de Galicia, el Ayuntamiento de Ribadeo…”.

En resumo, reiteran que “o Concello debe deixarse de dar notas confusas e incompletas e facilitar a consulta do expediente completo a toda persoa ou colectivo que o solicite. Iso é transparencia e o demais son contos”.

Exit mobile version