Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdG de Foz acusa ó alcalde de non cumprir os acordos plenarios

Foz, 10 de novembro de 2015.- O PSdG de Foz, e o seu grupo municipal acusa o Sr. Alcalde de non cumprir os acordos plenarios.

Faltar á verdade e medias verdades do rexidor de foz:

No Pleno do martes 3 de decembro foi aprobada a moción por maioria que dí textualmente:
“Modificar a porcentaxe ao 0.40% como tipo de gravamen a Ordenanza Reguladora da taxa do IBI”, polo tanto non é un compromiso do Sr. Alcalde convocar un pleno extraordinario, senón unha obriga de cumplir un acordo plenario.

Acordo que segue sen cumplir porque agora, como por arte de maxia, saca unha porcentaxe do 0,54%, ante o malestar dos vecinos que ven como a cantidade que pagan polo imposto é abusiva.

A nova proposta do Sr. Alcalde non supón unha baixada do Imposto, seguirá subindo, como así o afirman os informes de recadación e Intervención.

A afirmación do Sr. Castiñeira (publicada en prensa):“ … a vontade do gobernó de non aplicar o 10 por cento que establece o Ministerio por Lei…” é faltar a verdade posto que ,como indica o informe de Intervención, o incremento do 10% na porcentaxe e a solicitude de actualización de valores catastrais son incompatibles. Neste sentido temos que denunciar que no ano 2014 donde xa se fixo esa actualización de valores catastratais, cun incremento do 12%, tamén se nos aplicacou ese 10%, pagando unha taxa do 0,66% en vez do 0,6% marcado na ordenanza, algo INCOMPATIBLE.

Foi o Sr. Alcalde o que solicitou estas subidas catastrais:
Un aumento do 12% durante tres anos nos valores catastrais, unha subida lineal a todas as vivendas é claramente inxusto, pero todo vale se o único afán é recadar.

No ámbito rural, solicitude dunha Poñencia de Valores que era innecesaria para modificar catastralmente os solos urbanizables para que pagasen como rústicos. Poñencia solicitada en plena redacción dun PXOM, baseada en núcleos rurais identificados no ano 1991 sen ter en conta as Leis do Solo de Galicia, que fai que moitos veciños paguen fincas que teñen condición de rústicas como si estivesen situadas na Rúa Álvaro Cunqueiro.

E por último a Regularización Catastral, esta nin sequera está contabilizada na recadación do ano 2016, pero tendo en conta a afirmación do Sr. Alcalde: “…chegaron 1200 notificacións…” a cobertura orzamentaria será suficiente ainda que a taxa se rebaixe ó mínimo.

O Grupo Municipal Socialista sigue esixindo que se cumplan os acordos plenarios.

Exit mobile version