Site icon Crónica3.com A Mariña

O teatro afeccionado en Radio Burela

IMG_9671Burela, 5 de novembro de 2015.- Que o teatro afeccionado vive un boom nos últimos anos está claro. Facéndonos eco deste feito o programa Parolando da Radio Burela do día 5 de novembro estivo dedicado a este tema. Tivemos connosco a actores de catro grupos de teatro da nosa bisbarra: Juan Villarino e Xeila Villarino (do Pico do Castro de Foz), José Ramón Vila, Javier Vila e Raquel Amieiro (de O Centiño de San Martiño, Foz), Luísa Oroza e Toñita García (de A Adala de Fazouro) e Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Alberto Níñez (de Trípode). Con eles falamos do que caracteriza especialmente ós grupos de teatro afeccionado, da convivencia entre amigos, dos ensaios, das viaxes, os nervios e os aplausos. Unha forma de vivir, de facer arte e de alegrarlles a vida ós demais.

A gravación íntegra do programa pódese escoitar en http://www.ustream.tv/recorded/77069032

Exit mobile version