Site icon Crónica3.com A Mariña

Olalla Rodil encabezará, en Lugo, Nós – Candidatura Galeg

olalla-rodil-nosLugo, 8 de novembro de 2015. O proceso de conformación das candidaturas, que levarán como nome Nós-Candidatura Galega, culminaba este domingo coa celebración das primarias para a elección das persoas que formrán parte das listas nas catro circunscricións. Neste proceso de primarias tomaron parte preto de 6.000 persoas, das cales máis do 60% emitiron o seu voto nas máis de 144 mesas instaladas en diferentes vilas e cidades galegas.

No caso da circunscrición eleitoral de Lugo a candidatura nacionalista ao Congreso d@s Deputad@s estará formada, nesta orde, por: Olalla Rodil Fernández, Xosé Antón Ledo Pan, Mª Monteserrat Porteiro Sánchez e Xosé Paleo Rodríguez. A candidatura ao Senado quedará composta por Rosa Ana Prieto (Pantón), Orlando González (Mondoñedo), e Luís López Melle (Sarria).

Olalla Rodil destacou que “hoxe pechamos o único proceso aberto e participativo que se promoveu en Galiza para a conformación dunha candidatura para as eleccións xerais do estado do vindeiro mes de decembro”. Este proceso para a coformación das candidaturas foi impulsado dende a plataforma Inciativa pola Unión que estaba formada por diversas forzas políticas de corte nacionalista, colectivos sociais e persoas a título individual.

Para a candidata, por Lugo, de Nós-Candidatura Galega “é preciso que Galiza conte con instrumentos e ferramentas para defender os seus intereses a través dun grupo parlamentar en Madrid”. Rodil sinalou que “diante da apertura ou cambio que se pode dar a partir do 20 de decembro Galiza ten que ter estar presente para que as galegas e galegos queden a altura que teñen que estar no que pode ser un cambio de conformación do estado español”. “Dar continuidade ao traballo de máis de 20 anos do nacionalismo galego nas institucións españolas” é outro dos obxectivos que Nós-Candidatura Galega.

Olalla Rodil Fernández, nada en Ribeira de Piquín en 1989, traballa de xornalista e é licenciada en Publicidade e Relacións Institucionais pola Universidade de Vigo, foi a número tres da lista do BNG ao Parlamento Europeo nas pasadas eleccións de 2014. Entre 2012 e 2014 foi secretaria e conselleira do grupo Sermos Galiza. Ademais tivo diversos cargos orgánicos dentro da formación Galiza Nova e do BNG.

Exit mobile version