Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro pregunta á corporación municipal por diversos servizos

O concelleiro popular Celestino García Paz ten recibido queixas dos veciños da rúa Fernando Osorio Páramo da parroquia de Covas, que a través dos presidentes da comunidade dos edificios nº 2, 4 e 6 da citada rúa enviaron escritos por Rexistro do Concello á alcaldesa entre os anos 2012 e 2015 nos que solicitaban, entre outros, a colocación de bolardos nesta rúa onde soamente se colocaron dous e a día de hoxe a beirarrúa sufre un notable deterioro como consecuencia do estacionamento de vehículos – nalgunhas ocasións ata de moito peso-.

É por iso polo que preguntará no vindeiro pleno á á sra. Alcaldesa pola resposta da Alcaldía a todos eses escritos; ademais das medidas que vai tomar o equipo de goberno ante estas reiteradas denuncias e demandas dos veciños.

Por outra banda, no pleno do 7 de maio este grupo municipal fixo un rogo dirixido á sra. alcaldesa para a colocación dun espello de seguridade vial á beira da gasolinera “Buenavista”, para mellorar a capacidade de visión dos condutores, principalmente dos barrios de San Lázaro e Pénjamo cando se incorporan á estrada principal. A resposta do equipo de goberno foi “que se estudaría, así como a solicitude de reposición do espello de seguridade vial situado no barrio de Fondón en Magazos”.

“Xa pasaron varios meses e ambos están sen colocar e, na procura de colaboración para mellorar a seguridade vial é polo que lle que preguntan ao Goberno local se se vai colocar o espello de seguridade vial á beira da gasolinera “Buenavista” e o de Fondón en Magazos”. En caso afirmativo, preguntan “cando teñen previsto proceder á colocación de ambos” e, en caso negativo, “cales serían os motivos polos que non se colocarían”.

Rogos

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á alcaldesa da Corporación os seguintes rogos para o próximo Pleno, ao obxecto de que se emenden as seguintes deficiencias coa maior rapidez posible:

1º) A beirarrúa da marxe esquerda da rúa Benito Galcerán en Viveiro, desde a Residencia Betania ata a Oficina de Emprego, está en mal estado, sendo moi perigoso para os viandantes máximo en época de choiva o que dificulta máis a súa utilización. Por este motivo rogámoslle ao equipo de goberno que considere a curto prazo realizar as obras necesarias para unha nova beirarrúa e mentres se mellore a actual canto antes.

2º) Malia as obras realizadas nas estradas do Concello, algunhas seguen en estado lamentable, por exemplo o tramo ata a ponte do ferrocarril da estrada Pénjamo Santo Alvites, que está en obras desde fai tempo con algún socabón moi perigoso e o firme en mal estado. Por este motivo ROGAMOS ao equipo de goberno a reparación deste tramo no menor prazo posible.

3º) No pleno do 6 de novembro de 2014, este Grupo Municipal no apartado de rogos, solicitaba a colocación dos correspondentes rótulos indicativos nas entradas da parroquia de Covas. Neste pleno afirmáballenos que se ían a colocar, situación que ata agora non sucedeu. Por este motivo, unha vez mais, ROGÁMOSLLE ao equipo de goberno que se proceda á súa colocación no menor prazo de tempo posible.

Exit mobile version