Val censurou o “silencio cómplice” do goberno galego mentres o goberno central “maltrata ao sector galego”, chegando a dicir que os mariñeiros “xa ingresaron de abono e non teñen de qué queixarse” mentres eles van recortando as pesquerías unha detrás de outra. “Diante diso –lamentou- o Goberno galego nin está nin se lle espera”.
Considerou “incomprensible e inasumible” que o propio Executivo autonómico “pretenda pasar de puntillas, cando os profesionais do sector se ven incapaces de chegar a final de ano, sen realizar unha soa declaración na súa defensa nin unha soa xestión demandando algunha solución”.
Lembra que as embarcacións do cerco galegas “veñen de recibir nos últimos días un novo revés en forma de peche da pesquería de xurelo na zona IX A”. Os 120 buques afectados son os mesmos que viron cómo se lles prohibía pescar bocarte na mesma zona dende o mes de febreiro, unha especie que permanece pechada na VIII C dende comezos de agosto e o xurelo dende o 15 de setembro.