Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado 7 de novembro en Lugo ante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.
Unha nutrida representación laurentina colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo onde os adultos tomaron parte cuns grandes resultados. Entraron entre os 100 primeiros da xeral: Pablo Irimia, Luís López, Ainhoa López, Carmen Diniz, Arabela Martínez e Andrea Cancio.
E na categoría de entre 7 a 11 anos vencía por enésima vez no ano a intratable Ainara Rodríguez conquistando un ano máis o título nesta carreira.
Participaron tamén na proba de menores Ian Méndez, Xabi Sordo, Amina Bouyzar, Diana Lastra, Iria Rodríguez, Carmen García, Cecilia Gómez, Emma García, Noa Valiña, Samuel Debasa, Nicolás Álvarez, Hiba Bouyzar e Valeria Álvarez.