Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras celebrou a súa asemblea anual e a tradicional cea-baile

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 29 de novembro de 2015.- O pasado sábado os socios de Pasada das Cabras celebraron a asemblea anual e a xa tradicional cea-baile coa asistencia de 60 participantes. Foi, como cada ano, no Palacio de Cristal e no transcurso da mesma fíxose entrega dos premios que recoñecen aos senderistas máis activos durante o ano.

“A cabra Incansable” deste 2015 foi compartida polas parellas Sefa-Amando e Maribel-Mogo, que realizaron o maior número de rutas. Para o segundo posto tamén houbo un triplo empate coas parellas Mari Carmen-Miguel, Angelines-Carlos e Mari-Moncho. Ademais de co diploma acreditativo premiouse aos campións cunha equipación de sendeirismo.

Este ano ademais, recoñeceuse de forma moi especial ao máis novo sendeirista da asociación: Álvaro, que con tan só 7 anos realiza os aproximadamente 15 Km. de que consta cada ruta marcando o camiño de todo o grupo e sempre cun sorriso. Fíxoselle entrega dunha medalla, unha copa, unha equipación e o correspondente diploma acreditativo. Con rapaces como Álvaro a substitución está garantida.

Exit mobile version