Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira sesión do curso de adestrador básico de fútbol (UEFA B)

O IES Monte Castelo acollerá esta mércores ás 20.00 horas a presentación do novo Curso de Adestrador Básico de Fútbol, o UEFA B. Na xornada inaugural, os 13 alumnos do ciclo serán recibidos por parte do profesorado co que compartirán as próximas 205 horas de aprendizaxe futbolística.

Xunto ao médico Javier Fernández Couce, que xa impartirá este mércores a primeira lección de Fisioloxía de Fútbol, o estudantado tamén coñecerá o técnico do Ribadeo FC, Manolo Castro Núñez, Vilachá, responsable de Evolución do Fútbol, Instrucción e Creación de Equipos; Roberto Ramallal, encargado de Periodización; Alfonso Iglesias Geada, en Filosofía Didáctica do Fútbol; Alfonso Mera Río, en Orientación de Xogadores; e Marcelino Luna, en Psicoloxía do Fútbol.

A da Mariña será unha das 11 sedes galegas que inaugurarán este mércores a devandita modalidade formativa en 2015-16.

Novidades na formación de adestradores
A UEFA Coaching Convention, órgano responsable da formación de adestradores na zona UEFA, na súa reunión do 14 de decembro de 2014, aprobou as modificacións que se levarán a cabo a partir desta temporada, que se centran en asegurar a futura calidade do fútbol e fútbol sala, que en gran medida está en mans dos adestradores e que son os que desempeñan un papel vital no desenvolvemento dos xogadores e dos partidos. A partir deste ano incorpórase o novo plan de estudos dos cursos, empezando esta temporada polo Nivel 1 que pasa a chamarse Adestrador Básico de Fútbol. O novo programa lectivo inclúe cambio de niveis; agora pasan a ser Básico, Avanzado e Profesional, aínda que os que xa teñan iniciado o ciclo anterior (Nivel 1, 2 e 3) poderán finalizalo e conseguir a Licenza UEFA para poder adestrar fóra de España.

Exit mobile version