Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira vitoria a domicilio para o Terras da Mariña ante o Sarria (38-40)

Primeira vitoria a domicilio para o Terras de Lourenzá nunha pista complicada, a do Sarria, basada na defensa.

O equipo estivo moi acertado en defensa, pero en ataque seguimos fallando ocasións claras, “o vindeiro obxectivo a mellorar”. Con todo, foi un partido moi igualado con parciais de 09 – 08 no primeiro período, 10-10 no segundo, 08-08 no terceiro e 11 – 14 no cuarto.

O vindeiro domingo ás 19.45 horas despois do encontro de Nacional (18.00 horas) nova xornada contra Ensino Lugo.

Quinteto inicial: Rosalia 4, Carla 22, Clau 7, Mini 4, Natalia 0 – Noelia 3 Antía 0.

Destacadas: Carla e Noelia.

Exit mobile version