A marcha pretende visibilizar a pasividade que existe ante os feminicidios. O Observatorio da Mariña pola Igualdade quixo estar presente e portaron unha pancarta propia co lema ” Defendamos a igualdade. Fronte á violencia machista, loita feminista”. As representantes do Observatorio valoran esta manifestación multitudinaria como un éxito do movemento feminista agardando que as demandas desta marcha comezen a poñerse enriba da mesa e a traballar por erradicar esta barbarie impropia de calquera sociedade democrática.