Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión de físicos de partículas no IES San Rosendo de Mondoñedo

IMG_9024Mondoñedo, 2 de novembro de 2015.- O IES San Rosendo de Mondoñedo acolleu un ano máis a reunión de profesores de física de partículas das universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo. Os profesores aproveitaron a xornada para poñer en común o avance do seu traballo, e o alumnado do IES aproveitou a entrevista que lle fixeron ao profesor Javier Solé, para aprender máis sobre a Teoría da Relatividade Xeral de Einstein, os buratos negros e as Ondas de campos gravitatorias, entre outras teorías científicas. Tamén se falou da escasez de mulleres no campo da investigación en física.

Exit mobile version